A categoría de xogos é para os sitios que conteñen xogos ou información sobre xogos que poden ser xogados por nenos e / ou adolescentes. Non se listará aos sitios que venden xogos.Os xogos cuxo fin sexa o de ensino e aprendizaxe serán suxeridos na categoría Tempo de escola.
1. O sitio que se propoña debe estar orientado a nenos, adolescentes e novos; non tratar sobre eles.
2. O sitio debe estar en galego.
3. O sitio debe conter material orixinal e non infrinxir as leis sobre dereitos de autor vixentes.
4. Non se admitirán sitios comerciais, de compra ou venda, publicitarios, con pornografía ou ofensivos e en xeral non se admitirán sitios de contido inapropiado para nenos.