Curlie

Convértase en editor

Que fai un editor de Curlie?

Os editores seleccionan, evalúan, describen e organizan os sitios web. Son responsables de revisar as suxestións enviadas ás súas categorías e listan os sitios segundo unhas liñas editoriais preescritas. Os editores incorpóranse ao Curlie solicitando ser editores dunha categoría que corresponde cos seus intereses. Xeralmente os novos editores solicitan editar ao principio en pequenas categorías, para pasar a editar noutras áreas adicionais cando acumularon un número de edicións.

Como é un proxecto xestionado pola comunidade, os editores a miúdo desenvolven moitas outras actividades, ademais de editar e listar sitios. Moitos editores con máis coñecementos tecnolóxicos axudan a crear e mellorar ferramentas para a edición e compártenas cos demais editores. Os editores sénior voluntariamente asesoran e guían aos editores júnior. Algúns editores inician proxectos editoriais para mellorar a calidade do directorio en xeral ou para tratar os envíos pendentes de revisión. Hai tantas cousas que un editor de Curlie pode facer aquí que o límite é o ceo. Isto fai do Curlie un sitio particularmente interesante e entretido.

Como me converto nun editor do Curlie?

Para converterse en editor necesita cumprimentar unha solicitude. Vaia á categoría que lle interesa faga clic na icona xunto ao nome da categoría.

A súa solicitude será evaluada por un dos editores sénior da nosa comunidade. Recibimos centos de solicitudes e revisamos cada unha individualmente, polo tanto non se preocupe si a súa resposta tarda varios días. Por favor, teña en conta que de cando en vez denegamos as solicitudes e que ningunha solicitude ten garantías de ser aceptada.

Tamén é posible crear e curar a túa propia categoría abrindo unha conta de usuario Curlie. Isto non é o mesmo que ser editor, xa que os editores traballan dentro da estrutura de directorios.

Hai algún requisito para ser editor?
Todo o mundo é benvido ó Curlie. O único que necesita é interese ou paixón e un ordenador. Aínda que non hai requisitos iniciais específicos, buscamos xente que teña un desexo xenuino de construír un directorio libre de intereses comerciais e favoritismos. A obxetividade e o xogo limpo prevalecen aquí. Aqueles que aínda creen que a Web debería ser gratis e accesible a todos, sen sesgos ou interferencias de ningún tipo, son os que máis gozarán da experiencia en Curlie. Os editores potenciais deberían demostrar un bo instinto para detectar sitios útiles e de calidade, interese polo detalle e posuír boa gramática, ortografía e capacidade de comunicación.
Existe un compromiso de dedicación temporal para os editores?

Non hai ningún compromiso temporal. Apreciamos todo o tempo que poida comprometer para mellorar e desenvolver o directorio. Coa intención de manter a prosperidade da comunidade, as contas de editor caducarán aos 4 meses de inactividade. Isto ofrécelle a outro editor a oportunidade de asumir un área que un editor inactivo pode abandonar.

Si a súa conta expira, pode solicitar a súa reincorporación.

Podo solicitar unha categoría que xa ten un editor listado?

Si. Moitas categorías teñen dous ou máis editores.

Existen indicacións para reencher a solicitude "sexa un editor"?

Non hai un fórmula máxica para crear a solicitude perfecta. A súa solicitude será revisada segundo uns determinados factores relacionados coa categoría que solicitou. En xeral, os solicitantes deberían ter coidado ao principio e solicitar unha categoría pequena e pouco desenvolvida. Xeralmente, se solicitan categorías extensas indícaselles que concreten o seu enfoque e soliciten unha categoría de nivel máis baixo.

Consideramos que a súa solicitude é un indicador de como editará. Unha solicitude meditada e ben escrita, que non teña faltas de ortografía ten moitas máis posibilidades de ser aceptada que outra que descoidada, pobremente escrita e chea de linguaxe promocional e subxetiva. Finalmente, sexa sincero cas súas afiliacións con calquera páxina web. Webmasters, donos de sitios e os seus amigos e parentes son libres de unirse a nós. Con todo, debe ser honesto e contar estas afiliacións directamente.

Podo ter máis dunha conta de editor?

Non. Todos os editores deben ter un único usuario e clave. Crear múltiples usuarios considérase abuso e cando é descuberto supón a eliminación de todas as contas.

Que clase de compensación reciben os editores?

Curlie é unha organización non comercial que se estableceu no espírito do movemento Open Source, que desenvolveu unha longa lista de exitosos proxectos de software creados por voluntarios sen recompensa. Curlie ofrece a oportunidade a todos os cidadáns da rede a nivel mundial de unirse para crear un directorio sen censuras, compartido e distribuído libremente para todos os cidadáns da rede. Xa que logo os editores non son recompensados económicamente.

Unha das cousas únicas do Curlie reside en que é unha comunidade de voluntarios que altruistamente dedican o seu tempo e as súas habilidades ao resto da comunidade Web. Os editores editan polo amor e polo pracer de facelo dentro do espírito de fomentar unha Web libre e accesible.