dmitiranse sitios que atendendo á definición de Asociación ou Organización teñan:
Carácter social; Sitios en galego.
Independencia do ámbito gobernamental, ausencia de finalidade lucrativa.
Carácter Civil.
E o seu campo de acción sexa na Comunidade Galega.
Definicións para Asociacións, Fundacións e Organizacións sen Ánimo de Lucro
Asociación.
1. f. Acción e efecto de asociar ou asociarse.
2. f. Conxunto dos asociados para un mesmo fin e, no seu caso, persoa xurídica por eles formada.
Fundación.
3. f. Der. Persoa xurídica dedicada á beneficencia, ciencia, ensino, ou piedade, que continúa e cumpre a vontade de quen a erixe.
Organización.
1. f. Acción e efecto de organizar ou organizarse.
3. f. Asociación de persoas regulada por un conxunto de normas en función de determinados fins.
Quedan excluídas do ámbito de aplicación desta categoría, as entidades que se rexan polas disposicións relativas ao contrato de sociedade, segundo se define nas Leis, e se constitúan conforme ao Dereito Civil ou Mercantil, así como as organizacións e asociacións seguintes:
1. As Asociacións constituídas segundo o Dereito Canónico
2. As de funcionarios, civís e militares, e as do persoal civil empregado nos establecementos das Forzas Armadas.
Admitiranse sitios que atendendo ás definicións de Fundación e teñan:
.- carácter social;
.- sexan sitios en galego;
.- independencia do ámbito gobernamental;
.- ausencia de finalidade lucrativa,
.- teñan Carácter Civil, e;
.- o seu campo de acción sexa con duas provincias polo menos.
Definicións:
Fundación.
3. f. Persoa xurídica dedicada á beneficencia, ciencia, ensino, ou piedade, que continúa e cumpre a vontade de quen a erixe.