Curlie

O noso compromiso social coa comunidade web

Curlie Project, corporación de comunicacións que aloxa e administra o Curlie e ten potestade sobre o seu contido, utilización e operativa segundo descríbese nos Térmos de uso do Curlie. Curlie é unha iniciativa inspirada en Open Source, creada e sostida por unha enorme comunidade global de editores voluntarios. A continuación exponse o Contrato Social que foi creado para reflectir o compromiso de Curlie Project coa comunidade Web e manter Curlie como un recurso gratuíto e aberto. Está inspirado no Contrato social de Debian.

1. O Curlie será 100% gratuíto

Prometemos manter a distribución dos datos do Curlie e o proceso de solicitude de inclusión nestes datos, completamente gratuíto. Apoiaremos a aqueles usuarios que escollan engadir o seu propio contido lucrativo, así como outras funcionalidades non gratuítas nas versións do Curlie que descargan. Os usuarios dos datos, á súa vez, están de acordo en permitir o seu uso por nós de acordo coa licenza de uso gratuíta.

2. Retribuímos á comunidade web

Licenciamos o noso contido de forma gratuíta con retribución ao Curlie. Construiremos o directorio máis compresible e doado de uso que sexa posible para que o seu contido e clasificación poida ser usado e distribuído na súa totalidade. Esforzarémonos en avaliar a todos aqueles sitios que sexan suxeridos para a súa inclusión no Curlie así como consideraremos todas as suxerencias dos usuarios para mellorar.

Non escatimaremos esforzos na construción dun directorio comprensible de alta calidade. Faremos canto sexa posible para avaliar todos os sitios suxeridos ao directorio, aínda que non podemos garantir que todos eles serán listados. Seremos selectivos e prudentes cos sitios que engadamos, así como no xeito de organizalos. Os sitios que xeralmente non listaremos están descritos nas normas de envío e Guías de edición.

Protexeremos os dereitos de propiedade intelectual do Curlie contra os infractores. Curlie Project posúe os dereitos de compilación do Curlie así como das súas contribucións individuais. Cedemos dereitos non exclusivos, libres de pago, aos nosos editores pola súa contribución persoal, de tal xeito que eles poden ofrecer o seu material á Comunidade Web doutros xeitos se así o desexan.

3. Non escondemos as nosas políticas oficiais de edición

Manteremos todas as nosas normas e políticas editoriais abertas ao público para ser consultadas en calquera momento.

4. Ofrecemos unha invitación libre para incorporarse

Estendemos unha invitación aberta ao público en xeral para integrarse no Curlie. A nosa comunidade é un grupo plural de expertos en diferentes temas e afeccionados a Internet. As nosas categorías intentan expresar a profundidade e amplitude do coñecemento humano. Aceptamos editores de todos os estratos sociais e intentamos ter representados a todos os puntos de vista. Manteremos o noso proceso de inscrición aberto a calquera interesado en inscribirse. As inscricións serán revisadas por un membro da comunidade Curlie.

O noso proceso de inscrición é necesariamente selectivo, debido ao noso compromiso con elaborar un recurso de calidade. Non todas as inscriciones serán aceptadas. Non proporcionamos unha fórmula máxica para o envío dunha inscrición perfecta aínda que a nosa intención é aceptar as inscriciones honestas, imparciais, obxectivas e que se axusten ás nosas guías editoriais e códigos de conduta.

5. Animanos a unha comunidade con auto goberno

Apoiamos unha comunidade auto gobernada segundo os parámetros dados pola propia comunidade. Animamos á comunidade a auto regularse e a ter os controis necesarios para asegurar que os seus membros seguen os códigos de conduta e liñas editoriais aceptadas por consenso. Dependemos da honestidade e integridade dos editores voluntarios para asegurar que o directorio é de alta calidade, fácil de usar e libre de abusos.

6. As nosas Prioridades son os nosos usuarios de datos e a comunidade

Guiarémosnos polas necesidades dos usuarios e as da comunidade editorial do Curlie. Colocaremos os seus intereses por diante nas nosas prioridades. Permitimos que outros creen distribucións con valor engadido usando os datos do Curlie xunto a datos doutras fontes comerciais ou gratuítas, todo iso seguindo os termos da licenza de uso gratuíto, e libre de calquera taxa ou cobro pola nosa banda.

7. Usuarios que non cumpran a licenza de uso gratuíto

Para que Curlie floreza como un recurso gratuíto, é necesario que os usuarios cumpran coas normas da licenza de uso gratuíto. Non permitimos o uso anónimo dos nosos datos, e requiriremos aos que utilicen devanditos datos, colocar a atribución dos mesmos ao Curlie ou a eliminalos completamente. Consideramos que o uso dos datos do Curlie, sen atribuír a Curlie e a sua procedencia, é unha infracción legal e directa da licenza de uso gratuíto, e é contraria aos propósitos de Curlie como iniciativa Open Source que é.