Guías de edición de Cazapendentes
- Que é o permiso Cazapendentes?
- Que pode facer un Cazapendentes?
- Como elixo unha categoría onde ser Cazapendentes?
- Que lle ocorre aos meus links cazados?
- Hai regras adicionais para os Cazapendentes?
- Como me converto en Cazapendentes?
- Como paso de Cazapendentes a ser Editor da categoría?
Que é o permiso Cazapendentes?
Este permiso ofrece aos editores non-editall a posibilidade de editar as listas de pendentes en amplas zonas do directorio. Ofrece aos editores a oportunidade de aumentar as súas habilidades tomando permisos limitados en categorías de gran tamaño nas que non lles serían outorgados privilexios de edición completos debido á súa falta de experiencia.
Os obxectivos dos permisos de Cazapendentes son:
- Reducir as solicitudes pendentes
- Ampliar o modelo editorial de forma que se poida manexar o crecente ritmo de novos envíos
- Acadar tantos bos editores como sexa posible, editando ao longo do directorio
- Dar máis oportunidades aos editores de ampliar as súas capacidades de edición
- Mellorar a calidade e o alcance do directorio
Este permiso está inspirado no Proxecto Greenbusters, no que un grupo de editores empezaron a axudar na redución das listas de pendentes e a tutelar aos editores máis novos. Ver: Test: Team Projects: Past Projects: Greenbusters (en inglés) para obter máis información.
Que pode facer un Cazapendentes?
Os Cazapendentes poden facer o seguinte:
- Calquera tarefa de edición nos sitios que están sen revisar
- Editar os sitios na lista de cazados
- Utilizando o cadro "engadir url" poden engadir sitios aos cazados da categoría
Os Cazapendentes non poden editar os sitios xa revisados, crear novas categorías, cambiar a orde de prioridade ou calquera outra propiedade que puidese afectar ás listas revisadas.
Como elixo unha categoría onde ser Cazapendentes?
A idea é acadar voluntarios editando a altos niveis porque é aí onde existen as colas de pendentes maiores. Help Wanted é un bo lugar para atopar categorías onde ser Cazapendentes. Se solicita unha categoría onde non hai pendentes non será aceptado.
Normalmente, solicite ser Cazapendentes en grandes categorías, que están moi arriba no directorio. Non se desanime polo tamaño das listas de revisados porque non poderá editar eses sitios. Con todo, recorde que os números verdes conseguen asustar á xente inicialmente. Se é un editor relativamente pouco experimentado, abstéñase de solicitar unha categoría do primeiro ou segundo nivel ao principio. Comece máis abaixo e gradualmente vaia subindo. Se pensamos que está intentando alcanzar máis do que é capaz de manexar podemos denegar a súa solicitude e pedirlle que probe con algo menor.
Tampouco sexa tímido sobre solicitar ser Cazapendentes nunha categoría que parece ter unha amplo número de editores listados. Simplemente polo feito de que un editor estea listado nunha categoría non significa que dedique todo o seu tempo editando os pendentes. Por exemplo, Computadoras/Security está inundada de sitios sen revisar e moitos deles son bos, solicitudes de calidade. Aínda que haxa varios editores listados neste área poderíase utilizar os servizos dun grupo de Cazapendentes.
Pode ser Cazapendentes en máis dunha categoría.
Que lle ocorre aos meus *links cazados?
Os seus links cazados serán revisados e engadidos aos listados "reais" polos editores residentes da categoría ou por outros que teñan permiso para editar na categoría. A diferenza do Proxecto Greenbusters, ninguén está obrigado a comentarlle as súas edicións. Se quere que alguén revise as súas edicións, entón deberá solicitarlle a un editor residente da categoría ou facer unha solicitude no fío "Categorias en World Galego" no foro de World/General.
Todas as edicións como Cazapendentes son almacenadas nas túas logs de edición.
Na actualidade as ligazóns cazadas non son visibles para o público e non se inclúen no data RDF semanal.
Hai regras adicionais para os Cazapendentes?
Os Cazapendentes seguen a Guía de Edición de Curlie e todas as Guías aplicables á categoría na que cazan.
Nota: Os Cazapendentes non deberían procesar as Public Flags ou engadir ligazóns que xa existen na categoría na que cazan. Actualmente o sistema non permite que se duplique un link na lista de pendentes e a de cazados. Polo tanto se actualiza unha URL existente, será movida á lista de cazados e eliminada do RDF. Isto non é desexable.
Como me converto en Cazapendentes?
licíteo utilizando o formulario Solicitude de Categoría. Seleccione a opción de permisos de Cazapendentes. Este formulario é accesible desde a súa Páxina de Control de Editor utilizando o link "Solicitude para ser editor doutra categoría".
Como paso de Cazapendentes a ser Editor da categoría?
Envíe unha nova solicitude de permisos para a categoría. Si está realizando un bo traballo como Cazapendentes, concederáselle a categoría. Con todo, non lle solicite o ascenso a un meta, por favor use o formulario de solicitude dunha nova categoría.