Erros en ligazóns (Robozilla)
Robozilla é un webcrawler que periodicamente revisa o directorio en busca de ligazóns rotas e obsoletas. Robozilla nota cando unha páxina moveuse ou non pode ser atopada. Os editores poden entón corrixir os erros. Os códigos de erro de Robozilla son números positivos maiores de 100 ou números negativos. Os números positivos representan erros no protocolo HTTP: é dicir, Robozilla foi capaz de falar co servidor, pero non puido conseguir o documento. Os números negativos indican que Robozilla non puido falar co servidor.
Corrixindo erros
Para corrixir un erro, o mellor primeiro paso é seleccionar a ligazón para asegurarse que está realmente morta.
- Frecuentemente unha ligazón poderá non funcionar durante un curto período de tempo e está agora novamente activa
- Algunhas veces o usuario será redixirido a un novo sitio web polo que a acción apropiada sería cambiar o URL rexistrado para reflectir a nova dirección
- Algunhas veces o URL pode ser escrito incorrectamente
- Se a raiz do servidor onde está o URL está respondendo, probablemente sexa un problema temporal
- Se a raiz do sitio non responde, pode ser que o sitio forase permanentemente e tal vez deba borrarse a ligazón.
Mentres determina se un sitio está aínda activo, deixe a ligazón na listaxe de sitios pendentes de revisar.
Para mais detalles, quizais queira revisar o documento (en inglés) What should I do about Robozilla Errors?