Curlie

Quen somos e que facemos

Quen dirixe Curlie?

O Curlie está aloxado e administrado por Curlie Project Inc. Está dirixido por administradores voluntarios responsable da dirección e as políticas editoriais, da xestión e o desenvolvemento da comunidade e da enxeñería dos sistemas. Con todo, o Curlie é en primeiro lugar unha comunidade de cidadáns da rede auto-regulada, que basicamente se dirixe a si mesma. Mediante un sistema de auto-goberno, os editores voluntarios de Curlie xestionan o crecemento e o desenvolvemento do directorio e mediante un sistema de control e balance asegúrase a calidade superior do directorio.

O Curlie está inspirado no Open Source, é unha iniciativa xestionada por voluntarios. Curlie Project Inc. adminístrao coma un organismo sen ánimo de lucro e comprométese a mantelo como un recurso aberto e gratuíto por medio do seu Contrato Social coa comunidade web.

Que significa "Curlie" e que relación ten co DMOZ, Open Directory Project (ODP)?

Curlie era previamente coñecido como DMOZ. Ao DMOZ, que é un acrónimo de Directory Mozilla tamén se lle coñece como ODP. Este nome reflicte a súa relativa relación co proxecto Mozilla, unha iniciativa sobre un navegador de Open Source. O Curlie foi desenvolvido dentro do espírito do Open Source, onde o desenvolvemento e o mantemento é realizado por cidadáns da rede e os resultados póñense a disposición de todos os cidadáns da rede de forma gratuíta. O proxecto foi apoiado por moitos anos por Netscape, e á súa vez por AOL, antes de correr por conta propia como Curlie.

En que se diferenza Curlie doutros directorios?

Outros directorios como Yahoo! ou LookSmart están desenvolvidos e xestionados por pequenos cadros de persoal remunerados. O Curlie foi fundado baixo a premisa de que os directorios con poucos empregados non poden soportar o crecemento da rede e seguir mantendo un directorio actualizado e de calidade.

O Curlie está desenvolvido e xestionado por unha comunidade de cidadáns da rede en constante crecemento que son expertos nas súas áreas de interese. Dada esta gran comunidade de expertos nas distintas materias e o carácter global do directorio, sempre hai alguén traballando no directorio: procesando os sitios enviados, reparando ligazóns mortas, mantendo únicamente a información de calidade e eliminando o resto e descubrindo novos temas que engadir.

Ao contrario que os pequenos cadros de persoal de pago, os editores Curlie son buscadores da web creando un directorio para outros buscadores da rede. Esta clase de filantropía e paixón xera un directorio que xustamente é relevante para a xente que está buscando na rede e polo modo en que buscan información na rede.

O Curlie é un directorio web, non un buscador. Aínda que ofrezamos un buscador de termos, o propósito do Curlie é listar e categorizar sitios web. Non medimos a súa importancia e non promocionamos nin optimizamos os sitios para os motores de procura. O Curlie é simplemente un provedor de información. Para utilizar dita información os usuarios do tipo AOL, Bing ou Google, instalan a súa propia aplicación de procura no seu sitio web. Curlie non ten influencia nin coñecemento sobre o xeito que estes buscadores procesan as procuras.
Como podo informar sobre un posible abuso no directorio?
Se sospeita que un sitio web ou un editor está abusando en Curlie, por favor contacte co admin de Curlie aportando un informe detallado da sua reclamación e empregando o formulario de observacións.
Apreciamos as ligazóns desde outros sitios web, temos variedade de ligazóns útiles e banners realizados polos usuarios. Revise a sección Linking to Curlie para máis información.
¡Grazas por apoiar o Curlie!